EDO Blanco Amor acolleu o sábado, 6 de maio, a Fase Fase Final A4 FGB Cadete Masculina. Na mesma, reuníronse os equipos clasificados da 2º á 5º praza na Liga Regular para facerse co subcampionato galego e a clasificación para o Campionato de España que éste conleva. GABADI Basket Ferrol conqueriu este premio, vencendo na final ao equipo anfitrión.
O presente campión automómico nesta categoría, Bosco Salesianos “01”, é dono xa da outra praza galega para o citado Campionato de España, cita que terá lugar entre os días 21 e 27 de maio na localidade de Lleida.
EDO Blanco Amor el Carmen (2º clasificado liga regular), GABADI Basket Ferrol (3º clasificado liga regular), Peleteiro A (4º clasificado liga regular) e Sigaltec (5º clasificado liga regular) competiron nesta Fase Final A4 FGB Cadete Masculina baixo o seguinte calendario:
Fase Final A4 Liga FGB Cadete Masculina – 06/05/17
EDO Blanco Amor El Carmen – Sigaltec (hora:10:30) (X) (61 – 53)
Campo: Barbadás
GABADI Basket Ferrol – Peleteiro A (hora:12:30) (Y) (74 – 71)
Campo: Barbadás
EDO Blanco Amor El Carmen – GABADI Basket Ferrol (hora: 18.00) (57 – 65)
Campo: Barbadás