E.D. Lourenzá Ensino busca en Salamanca unha praza en Liga Feminina 2

E.D. Lourenzá Ensino comeza este venres, 16 de maio; a súa particular busca do ascenso a Liga Feminina 2. Presente desde esa data na Fase de Ascenso do Grupo 1, competirá, en liguiña a unha volta, todos contra todos, contra Universidad de Salamanca, Donosti Basket Bera Bera e Tabirako Baqué.

Salamanca é a sede escollida para esta Fase de Ascenso a Liga Feminina 2. O Pavillón Miguel de Unamuno acollerá un total de seis encontros, dos que o resultante como primeiro clasificado de Grupo será quen se faga coa praza na segunda competición FEB feminina a nivel nacional.

O equipo lucense, dirixido por Juan Nécega, debutará este venres (18:00 h) ante Donosti Basket. Continuará o sábado ante Universidad de Salamanca, ás 20:00 h; e pechará a súa participación ás 10: 30 h da mañá do domingo, ante Tabiraco Baqué.

Achegamos calendario completo para esta Fase, da que o domingo agardamos ter boas novas.

Fase Ascenso Liga Feminina 2

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram