Dupla galega nas designacións arbitrais da Supercopa Endesa

Galicia terá dobre representación na Supercopa Endesa, a celebrar os vindeiros catro e cinco de outubro en Vitoria. A presenza galega virá, desta volta, da man dos colexiados ACB Miguel Ángel Pérez Pérez e Carlos Cortés, ambos designados entre os seis árbitros que participarán nesta competición.

O internacional FIBA e Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez Pérez; e o tamén internacional Carlos Cortes, tomarán parte dunha edición 2013 da Supercopa na que comparecerán na pista Laboral Kutxa, Real Madrid, FC Barcelona e BilBao Basket.

Tanto Pérez Pérez como Cortés comparten designación con catro compañeiros: Fernando Calatrava (Valencia), José A. Martín Bertrán (Cataluña), Antonio Conde (Andalucía) e Benjamín Jiménez (Andalucía), supoñendo este doblete galego, ademáis de unha boa nova, unha elevada representación.

Supercopa Endesa – Calendario

04/10/13 – Semifinais

Real Madrid – Bilbao Basket
(19.00 h. Fernado Buesa Arena)

Laboral Kutxa – FC Barcelona
(21.30 h. Fernando Buesa Arena)

05/10/13 – Final
(19.00 h. Fernado Buesa Arena)

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram