Dupla de luxo para unha nova Aula Formativa do Adestrador

Concello de Sarria e Club Baloncesto Sarria colaboran coa FGB e permiten que o vindeiro domingo, 24 de abril; a Aula formativa do Adestrador Galego celebre nesta localidade (Pavillón Municipal) a súa segunda convocatoria consecutiva do presente mes de abril.

Nesta ocasión, a Área Deportiva FGB convida a dous técnicos de ampla experiencia, e ben coñecidos por todos, a ser os guías desta cita didáctica. Esta dupla confórmana Pepe Vázquez, actual adestrador do laureado club danés “Hørsholm 79ers” na súa categoría feminina; e Gonzalo Rodríguez Palmeiro, segundo de a bordo no Río Natura Monbus Obradoiro na Liga Endesa.

13a

Ambos, colaboradores comprometidos coa FGB na formación de novos adestradores, ofrecerán unha interesante tarde de aprendizaxe co seguinte horario e posibilidades:

17:00 h – Pepe Vázquez: “Atacar con estrutura de espacios e un referente interior”

18:30 h – Gonzalo Rodríguez Palmeiro: Respostas técnicas a problemas tácticos defensivos”

Correspondencia Formativa
Continuando coa liña estrutural que a Área de Adestradores FGB mantén de cara aos alumnos dos seus cursos de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2, a participación destes na dobre cita de Sarria poderá validarse por 8 Horas da súa formación individual complementaria, cuestión para a cal será precisa e indispensable a previa inscrición.

Así, os adestradores que desexen tomar parte desta xornada deben solicitar a súa participación via mail a adestradores@fegaba.com indicando datos persoais, club de referencia e charlas ás que prevén asistir.

A data límite para formalizar este proceso é a do vindeiro venres, 22 de abril, ás 14:00 h.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram