(Fonte: FEDDF) A comisión nacional de xuíces e árbitros da Federación Española de Deportes de Persoas con Discapacidade Física deu a coñecer o pasado venres, 16 de febreiro; aos doce árbitros que dirixirán todos os encontros correspondentes á fase final da Copa do Rei de Baloncesto en Cadeira de Rodas a disputar o 24 e 25 de febreiro na vila de Burgos.
Esta designación da edición 2018 conta coa presenza de dous colexiados galegos, vigueses ambos; adscritos ao Comité Galego de Árbitros, Jorge González Marqués, xa veterán neste torneo no que sumará a a súa 18º participación; e Patricia Díez, debutante neste caso.
A ambos, queremos trasladarlles os parabéns da FGB e desexar que continúen neste camino de traballo e adicación.