Dous colexiados CGAB para o Campionato de España de Seleccións Autonómicas MiniBasket

O Comité Galego de Árbitros xa ten representantes oficiais para o Campionato de España de Seleccións Autonómicas Minibasket, cita que neste 2019 terá lugar entre os días 13 e 17 de abril en San Fernando (Cádiz).

Julian Rico Prieto (Comité Zonal Ferrol) e Anxo Méndez Insua (Comité Zonal Santiago) son os colexiados designados para esta ocasión, especial para eles xa que asisten por primeira vez a unha cita deportiva deste ámbito e proxeccións.

Ambos os dous viaxaráns xunto ás Seleccións Galegas para, dentro da expedición FGB, vivir unha experiencia tanto deportiva como persoal, fundamental para seguir afondando no seu aprendizaxe como árbitros.

En vindeiras datas coñecerán os partidos nos que poderásn aprticipar dentro da Fase Inicial do citado Campionato.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram