Domingo de traballo para as preseleccións galegas minis e infantís femininas

As preseleccións galegas infantís e minis continúan a traballar de cara aos seus futuros compromisos cos Campionatos de España. Recollendo a enerxía e espírito deportivo que os seus compañeiros cadetes veñen de amosar en Zaragoza, os combinados destas dúas categorías afrontan a recta final da súa preparación.

E,precisamente, Santiago de Compostela e A Estrada serán este domingo, 13 de xaneiro, testemuñas das concentracións de ambas as preseleccións no seu apartado feminino.

Preselección Galega Minibasket Feminina – A Estrada (13/01/13)
29 xogadoras, en dúas quendas de traballo diferentes, terán a oportunidade de reunirse no Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro xunto ao actual corpo técnico FGB para esta categoría, comandado polo seleccionador, Nacho Silva. O total das convocadas exercitaranse ás ordes do persoal técnico FGB, encargado de valorar o seu bo facer sobre a pista.

Preselección Galega Infantil Feminina – Santiago de Compostela (13/01/13)
Pola súa banda, o seleccionador infantil feminino, Armando Otero, terá a súa disposición, para afianzar os necesarios conceptos de xogo, a un total de 14 xogadoras. Neste caso, a súa sede de traballo será o Pavillón Municipal Lorenzo de La Torre.

Nos documentos que se achegan poden consultarse os datos concretos de todas as xogadoras citadas para este domingo con ambas as preseleccións.

Preselección Galega Infantil Feminina – 13/01/13
Preselección Galega Minibasket Feminina: 13/01/13 – 1º Quenda.
Preselección Galega Minibasket Feminina: 13/01/13 – 2º Quenda.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram