Dobre representación CGAB no Campionato de España de Seleccións Minibasket

O Comité Galego de Árbitros contará con dobre designación para o Campionato de España de Seleccións de categoría Minibasket que se celebrará en San Fernando (Cádiz) entre o 19 e o 23 de marzo do presente 2016.

Os colexiados Andrés Esteban (Lugo) e Iván Escariz (Vilagarcía), ambos adscritos ao Grupo 1 do CGAB, son os elixidos polo organismo colexial para participar nesta competición na súa representación.

Esta cita nacional supón para ambos o seu debut nunha competición oficial de seleccións autonómicas, gozando así da oportunidade de vivir en primeira persoa a dinámica formativa e persoal á que os colexiados acceden nos eventos deportivos FEB de alto nivel.

1-IMG 2073

Iván Escariz

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram