Dobre designación galega na Supercopa ENDESA 2014

Galicia continúa ben presente no panorama arbitral ACB 2014 – 2015. A primeira gran cita da Liga, a nova edición da Supercopa Endesa, contará coa presenza de dous galegos, os nosos colexiados ACB e internacionais: Carlos Cortés e o Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez Pérez.

A ACB deu a coñecer este luns a relación de árbitros designados para dirixir os encontros desta competición, que se disputará en Vitoria este venres 26 e sábado 27 de setembro.

Tanto Cortés como Pérez Pérez repiten designación para a Supercopa por segundo ano consecutivo, sumando un novo e positivo capítulo as súas correspondentes traxectorias persoais e ao panorama arbitral galego. 

Xunto a eles comparten designación: Juan Carlos García González, José Antonio Martín Bertrán, Emilio Pérez Pirrazo e Carlos Peruga. Os encontros nos que tomará parte reunirán no Pavillón Buesa Arena a Real Madrid, Valencia Basket, FC Barcelona e Laboral Kutxa.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram