Fases Finais A4 Júnior FGB: Durán Maquinaria Ensino e Rio Ourense Termal, subcampións galegos

Lugo acolleu esta fin de semana as Fases Finais A4 da 1º División Júnior FGB. Grazas á organización de Porta XI Ensino en categoría feminina; e de Estudiantes Lugo en masculina, a cidade da muralla viviu esta sábado e domingo, 21 e 22 de abril; a competición que determinou a identidade dos subcampións galegos feminino e masculino: Durán Maquinaria Ensino e Río Ourense Termal, respectivamente. 

Con Real Club Celta Zorka e Obradoiro CAB – Peleteiro como efectivos campións de Liga e xa clasificados directamente para a cita nacional, as lucenses e os xogadores da cidade das Burgas conqueriron esa segunda posición que lles permite, ademais, facerse cunha praza no Campionato de España da categoría, cita que afrontarán entre o seis e doce de maio en Badajoz (masculino) e Huelva (feminino). 

FINAL A4 1ª DIVISIÓN JUNIOR MASCULINA FGB – LUGO

IMG-20180422-WA0034-001

21/04/2018

(20.00 h) Estudiantes Leyma Natura – Seis do Nadal (X) (97 – 68)
Campo: Pazo Provincial Deportes

(16.00 h) Rio Ourense Termal – Instituto Rosalía (Y) (88 – 62)
Campo: Pazo Provincial Deportes

22/04/2018

(17.00 h) Estudiantes Leyma Natura – Río Ourense Termal (74 – 81)
Campo: Pazo Provincial Deportes

FINAL A4 1ª DIVISIÓN JUNIOR FEMININA FGB – LUGO

IMG-20180422-WA0024

21/04/2018

(18:00 h) Duran Maquinaria Ensino – Instituto Rosalía (x) (76 – 61)
campo: Pazo Provincial Deportes

(20.00 h) Estudiantes Leyma Natura – Peleteiro (Y) (50 – 66)
Campo: Anexo

22/04/2018

(12.30 h) Duran Maquinaria Ensino – Peleteiro (62 – 52)
Campo: Pazo Provincial Deportes

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram