Diego Ocampo, no peche de temporada para a “Aula Formativa do Adestrador Galego”

(Foto: ACB)

(Foto: ACB)

O técnico ourensán Diego Ocampo, asistente de Aíto García Reneses no Cajasol da Liga Endesa nas dúas últimas temporadas, impartirá en Santiago de Compostela a derradeira charla do curso 2013 – 2014 para a Aula Formativa do Adestrador Galego.

O programa didáctico común de Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB, a “Aula Formativa do Adestrador Galego”, convoca sesión dirixida por Diego Ocampo para o vindeiro venres, 27 de xuño; ás 19:00 h.

Nesta data, e co Pavillón do Instituto Rosalía de Castro como escenario, Ocampo impartirá unha clase teórico – práctica coa “Técnica Individual Defensiva” como eixo temático central. Durante a mesma poderase comprobar a ampla e enriquecedora experiencia que atesoura o galego tras anos de estar presente en competición ao máis alto nivel. 

Captura de pantalla completa 19062014 113533

(Foto: ACB)

Inscrición
A presenza dun novo adestrador ACB na última sesión da “Aula Formativa do Adestrador Galego” volve a activar os protocolos de inscrición levados a cabo durante toda a temporada neste proxecto.

Os técnicos que desexen participar deben solicitar a súa inscrición enviando email a: adestradores@fegaba.com e especificando o seu nome, apelidos e o título da charla.

Indicar que a Área de Adestradores FGB mantén activa a posibilidade de validar a presenza xustificada nas charlas da “Aula Formativa” por un total de 3 HORAS de formación para os alumnos dos Cursos de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 da FGB.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram