Dez colexiados galegos, listos para os Campionatos de España de Clubs

Os campionatos nacionais FEB de clubs 2019 arrincan esta mesma fin de semana, catro e cinco de maio; coa categoría Júnior como primeira en abrir xogo. Nos mesmos, que se estenderán ata o mes de xuño coa celebración na nosa Comunidade das citas infantís (Lugo en masculino e Marín en feminino), tomarán parte tamén os nosos colexiados CGAB e FEB, sumando nesta temporada un total de dez designados para a ocasión.  

Estreando estas designacións, Samuel Martínez, Cristián Martín e Laura Piñeiro estarán a partir do domingo, cinco de maio; en terras asturianas formando parte da competición Júnior Feminina. Eles será os primeiros en desfrutar dunha nova experiencia da que tamén serán partícipes sete compañeiros máis, que a continuación reseñamos:

Campionato de España Júnior Feminino (Avilés, 5 a 11/05/19)

Autonómico:
Samuel Martínez Covelo (Grupo 1 CGAB).

FEB:
Cristian Martín Vázquez (Grupo 1 FEB).
Laura Piñeiro Amondaray (Grupo 1 FEB).

Campionato de España Cadete Feminino (Valencia, 19 a 25/05/19)

Autonómico:
Andrés Esteban Domínguez (Grupo 1 CGAB).

FEB:
Roi Rilo Antelo (Grupo 2 FEB).

Campionato de España Cadete Masculino (Huelva, 19 a 25/05/19)

Autonómico:
Christian Abalo Buceta (Grupo 1 CGAB).

Campionato de España Infantil Feminino (Marín, 9 a 15/06/19)

Autonómico:
Iris Díaz Feijoo (Grupo 1 CGAB).

FEB:
Adrián Álvarez Rodríguez (Grupo 2 FEB).

Campionato de España Infantil Masculino (Lugo, 9 a 15/06/19)

Autonómico:
José Alberto Santoro Durán (Grupo 1 CGAB).

FEB:
Manuel Seijo Rodríguez (Grupo 2 FEB).

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram