Designadas as sedes para as Fases Finais A4 da Liga FGB Júnior

Xa temos organizadores e datas para as Fases Finais A4 da Liga FGB Júnior, a primeira categoría de basket base galego que culminará a temporada.

Tras cumprirse o prazo estipulado para a presentación de solicitudes, o Comité de Actividades da Federación Galega de Baloncesto comunica a concesión destas Fases a C.B. Sant Yago en categoría masculina e a A.D.M. Peleteiro en categoría feminina.

A primeira das competicións será a Fase Final A4 masculina, a celebrarse o sábado, 25 de abril, no Pavillón de Elviña (A Coruña). A Feminina, pola súa banda, celebrarase na xornada do domingo, 26 de abril, no Pavillón de Montouto, dentro das instalacións do Colexio Manuel Peleteiro en Santiago de Compostela.

Os horarios de xogo, contendentes definitivos e calendario completo de ambas as fases remitiranse unha vez remate a quenda regular das propias Ligas FGB Júnior, a cal cesa esta mesma fin de semana.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram