Designadas as sedes para a Fase Final da Copa Galicia Infantil

Xa coñecemos o destino xeográfico das Fases Finais da Copa Galicia na súa categoría infantil. A Federación Galega de Baloncesto, unha vez recibidas en prazo e valoradas as diferentes solicitudes de organización, decide conceder a mesma a A.D. Bosco no caso masculino e C.D. Bosco en feminino.

En virtude desta designación as localidades de Ourense e Vigo vivirán a vindeira fin de semana (18 e 19 de outubro) os encontros de semifinais, final e 3º e 4º posto de ambas as dúas fases finais infantís.

A continuación remitimos en documento axunto o calendario concreto que atinxe a cada categoría, salientando que a Fase Final infantil masculina terá lugar o sábado 18, sendo a masculina o domingo 19.

Fase Final Infantil Masculina: Ourense (organiza A.D. Bosco)

18/10/14 – Pavillón de Salesianos
Equipos: Bosco Salesianos “2001”, Estudiantes Lugo Leyma Natura, Sologas B.S. e Sigaltec.

Fase Final Infantil Feminina: Vigo (organiza C.D. Bosco)

19/10/14 – Pavillón Navia.
Equipos: R.C. Celta Selmark, Maristas Coruña, Ensino e Arxil Grupo Mas Costas.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram