Designadas as sedes dos Campionatos de España 22/23 e 23/24

A Comisión Executiva da FEB designou as sedes dos Campionatos de España de Clubs das dúas próximas tempadas. Tamén hai sede confirmada para as tres próximas edicións do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibasket.

O Concello de Marín, coa colaboración de Club Baloncesto Marín Peixegalego, volverán a ser anfitrións esta temporada 22 – 23 dun Campionato de España de Clubs: o Infantil Feminino.

Galicia será sede tamén para esta categoría, en masculino e feminino, na vindeira temporada 23 – 24.

Xa temos sedes para os Campionatos de España 2022/23. O Mini trasládase a Cataluña (Tarragona e Salou) nesta edición do 2023, aínda que as dúas seguintes temporadas disputaranse de novo en San Fernando. As dúas categorías do Júnior (masculino e feminino) serán en Huelva e provincia (Aljaraque e Punta Sombría), mentres que o Infantil será en Marín (Feminino) e Badaxoz (masculino). Por último, o Cadete masculino repite en San Fernando, mentras que se abrirá un novo prazo de presentación de ofertas para o feminino.

Campionato de España Clubes Infantil Feminino
Sede 2022/2023: Federación Galega de Baloncesto (Localidade: Marín).
Sede 2023/2024: Federación Galega de Baloncesto.

Campionato de España Clubes Infantil Masculino
Sede 2022/2023: Federación Extremeña de Baloncesto (Localidade: Badajoz)
Sede 2023/2024: Federación Galega de Baloncesto.

Campionato de España Clubes Cadete Masculino
Sede 2022/2023: Federación Andaluza de Baloncesto (Localidad: San Fernando).
Sede 2023/2024: Federación Andaluza de Baloncesto.

Campionato de España Clubes Júnior Feminino
Sede 2022/2023: Federación Andaluza de Baloncesto (Localidade: Huelva, Aljaraque e Punta Umbría).
Sede 2023/2024: Federación Andaluza de Baloncesto.

Campionato de España Clubes Júnior Masculino
Sede 2022/2023: Federación Andaluza de Baloncesto (Localidade: Huelva e Aljaraque).
Sede 2023/2024: Federación Andaluza de Baloncesto.

Campionato de España de Seleccións Autonómicas Minibasket
Sede 2022/2023: Federación Catalana de Baloncesto (Localidade: Tarragona e Salou).
Sede 2023/2024: Federación Andaluza de Baloncesto (Localidade: San Fernando).
Sede 2024/2025: Federación Andaluza de Baloncesto (Localidade: San Fernando).

En relación ao Campionato de España Clubes Cadete Feminino, ao non terse presentado en tempo e forma ningunha candidatura, acordouse por parte da Comisión Executiva outorgar novo prazo para a súa solicitude.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram