Tres representantes CGAB formarán parte dos equipos de colexiados que dirixirán os encontros naCopa ACB e Copa da Raíña.
Comezando pola primeira, que se inicia este mesmo xoves, 11 de febreiro; en Madrid, será o coruñés e internacional Carlos Cortés quen viva esta experiencia xunto a 13 compañeiros máis que se deron a coñecer este mércores pola propia ACB. Esta edición copeira de 2021 será a décima no seu haber, o que o convirte nun perfecto coñecedor do que supón participar neste torneo.
No caso da competición feminina, marcada para celebrarse en Valencia, entre os días 4 e 7 de marzo; a presenza arbitral galega virá da man de Paula Lema e Cristian Martín. A colexiada, coruñesa como Carlos, conta xa con experiencia previa na Copa da Raíña, na que tomou parte en 2018 e 2020. Pola súa banda, para o lucense Cristian este será o seu ilusionante debut nesta Competición.