Designacións CGAB para o Planeta Mini 2023

O Campionato de España de Seleccións Minibasket contará con triple representación do Comité Galego de Árbitros. Os colexiados Helena Paz (Grupo 1 CGAB – Santiago), Sergio Álvarez (Grupo 1 – CGAB Vigo) e Víctor González Wisniowski (Grupo 1 – CGAB Vigo) formarán parte da expedición galega que competirá e desfrutará nesta cita nacional, a celebrar en Salou e Tarragona entre os días un e cinco de abril e que xa coñece o seu calendario.

Os tres viaxarán a Cataluña para vivir a súa primeira experiencia na arbitraxe dunha cita nacional destas características, na que ademáis compartirán vivencias e Baloncesto con compañeiros e compañeiras dos Comités de árbitros de todo o país.

el IMG 0402 web

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram