O Comité Galego de Árbitros oficializa a designación dos colexiados que representarán a Galicia no vindeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas Minibasket, competición que concentrará o seu protagonismo, como cada ano, na localidade andaluza de San Fernando entre os días 24 e 28 de marzo do presente 2018.
Anxo Minguillón (Comité Zonal Santiago) e Cristian Abalo (Comité Zonal Vilagarcía) serán os colexiados CGAB – Grupo 1 que sesumarán a expedición deportiva galega que se traslade a esta cita nacional.
Para ambos os dous colexiados a súa presenza nesta designación oficial supón o seu debut nun Campionato de España de ámbito FEB, circunstancia que avala o seu traballo realizado ata o momento nas competicións autonómicas galegas.
En vindeiras datas, os nosos dous representantes coñecerán os detalles da súa viaxe e futura e novidosa experiencia en terras andaluzas, así como o calendario de partidos que terán que afrontar na mesma.