A Final Four da LFChallenge que viviremos en Vigo este sÔbado e domingo, 29 e 30 de abril; xa ten designacións arbitrais, nas que estÔ presente o noso compañeiro CGAB, Manuel Seijo.
Seijo formarÔ parte do grupo de 6 colexiados que dirixirÔn os tres encontros da Fase.
A competición terÔ lugar no Pavillón de Navia.
Os nosos ParabƩns a Manu. Unha nova experiencia para desfrutar, dobremente especial neste caso por celebrarse en Galicia.