Designación “Euroliga” para o Director Técnico do CGAB

O máximo responsable do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez Pérez, participará esta noite (20:45 h) do trío arbitral que dirixirá o terceiro encontro do PlayOff da Euroliga que están a protagonizar Estrella Roja e CSKA Moscu.

Esta eliminatoria, a única que non conta con presenza de equipos españois, desputarase en Belgrado e, xunto a Pérez Péréz, estarán os colexiados Paternico (Italia) e Mantyla (Finlandia).

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram