Designación de FIBA Europa para Carlos Cortés

O galego Carlos Cortés, árbitro ACB e internacional dende o ano 2010, foi designado por FIBA Europa para participar do Campionato de Europa Masculino U20 – División “B”, cita que se celebrará en Sofia (Bulgaria) do 12 ao 22 do vindeiro mes de xullo.

A nominación de Cortés para esta competición europea súmase á xa anunciada nos pasados días do Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez; de cara a súa participación no Europeo Sub 20 Masculino 2012 – División “A”. Deste xeito, serán dous os colexiados internacionais da Federación Galega de Baloncesto os que participen este verán nas competicións europeas a nivel de seleccións.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram