Definidos os equipos que representarán a Galicia nos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas Infantís e Minibasket

A Federación Galega de Baloncesto comunica de xeito oficial as listas definitivas de 12 xogadores e 12 xogadoras que representarán, en categoría Infantil e Minibasket, á nosa Comunidade Autónoma nos Campionatos de España de Seleccións 2013.

Os compoñentes das Seleccións, cuxos nomes poden consultarse ao completo nos documentos que se achegan, terán que viaxar a Andalucía para afrontar o seu destino deportivo no panorama nacional. Nesta ocasión, repetindo como sede a localidade gaditana de San Fernando para a categoría Minibasket, e renovándose como anfitrioas para a categoría infantil as vilas de Puerto Real e Chiclana de la Frontera.

Coñecidas estas sedes, e parte do calendario que lles corresponde (o minibasket neste caso), os catro combinados galegos teñen agora por diante as súas últimas e decisivas xornadas de traballo, vitais para chegar ás citas andaluzas coas mellores sensacións. Nesta liña, as primeiras en concentrarse son ambas as minis, este mesmo domingo, 24 de febreiro, en Compostela. (Pavillón Colexio Compañía de María)

Compromiso e Deportividade
Chegados a este punto da temporada, no que decidir os equipos definitivos para cada categoría das seleccionables, a Área Deportiva da FGB quere agradecer a todos e todas os xogadores e xogadoras que teñen participado no traballo das preseleccións, así como aos seus clubs de procedencia e familiares.O seu comportamento, o seu compromiso para coa dinámica das preseleccións, e o seu cariño e respecto polo deporte que representan é de eloxiar.

Selección Galega Infantil Feminina 2013
Selección Galega Infantil Feminina 2013
Selección Galega Minibasket Feminina 2013
Selección Galega Minibasket Masculina 2013
Calendario Grupos Minibasket 2013

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram