Definidos os equipos que representarán a Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Cadetes

A Federación Galega de Baloncesto fai públicas as listas definitivas de 12 xogadores e 12 xogadoras que representarán a Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Cadetes, cita a disputarse en Zaragoza entre o tres e o seis de xaneiro e para a que xa se coñecen rivais e calendario.

As Seleccións Galegas que estarán na cidade maña poden consultarse xa nos documentos que se achegan, completando así, oficialmente, o traballo realizado tras cinco meses de preparación.

Chegado este punto, a Área Deportiva da FGB desexa achegar o seu agradecemento aos 24 integrantes destas novas Seleccións, así como a todos aqueles xogadores e xogadoras que formaron parte da etapa previa e que, finalmente, non estarán en Zaragoza.

Últimas concentracións
O Cadro técnico de ambas as Seleccións afronta nestes últimos días de decembro as derradeiras xornadas de traballo antes de poñer rumbo, o día 2 de xaneiro, cara a sede do Campionato.

Visitando diferentes localidades galegas, os xogadores e xogadoras que dirixen Fernando Buendía e Cristina Cantero, respectivamente, teñen por diante a seguinte axenda:

Selección Galega Cadete Feminina:
Concentración: 26, 27 e 28 de decembro. Pavillón Municipal de Tui (Tui)

Selección Galega Cadete Masculina
Concentración: 26 de decembro. Pavillón Vila de Noia.(Carballo)
Concentración: 29 e 30 de decembro. Pavillón Municipal Coto Ferreiro (A Estrada)

Selección Galega Cadete Feminina – Zaragoza 2013.
Selección Galega Cadete Masculina – Zaragoza 2013.
Campionato de España Seleccións Autonómicas Cadetes – Calendario.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram