A Federación Galega de Baloncesto comunica, de xeito oficial, as listas de 12 xogadores e 12 xogadoras que integran definitivamente ás Seleccións Galegas que participarán nos Campionatos de España Minibasket e Infantil.
Os catro equipos están xa ante os últimos chanzos da súa preparación, conscientes da importancia de encarar esta recta final nas mellores condicións posibles, e xa con cada Selección estruturada.
Os listados oficiais das Seleccións que participarán nos Campionatos de España poden consultarse xa nos documentos que se achegan, remarcando, neste caso, dende aquí, o agradecemento de toda a Área Deportiva FGB tanto aos xogadores e xogadoras que forman parte das mesmas como a todos aqueles que teñen participado esta temporada, en maior ou menor medida, da dinámica das Seleccións. Entre todos animaremos aos nosos catro equipos, os cales non deteñen o ritmo e renovan cita co traballo esta fin de semana:
Seleccións Minibasket: viaxe e Torneo en Miranda de Ebro
As Seleccións mini refrescan esta fin de semana, sábado 29 e domingo 30, a súa exixencia ante a competición. Fano participando do “Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket”, organizado pola Federación de Baloncesto de Castilla León na localidade de Miranda de Ebro.
Desta volta, os equipos de Nacho Silva e Fernando Buendía integran un calendario do que tamén toman parte Madrid, Euskadi e a Comunidade anfitrioa, Castilla León. Estas catro seleccións medirán as súas forzas a pouco máis de 15 días para o inicio do Campionato de España, a celebrar en San Fernando, Cádiz; do 12 ao 16 de Abril.
En documento axunto detallamos o calendario deste “Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket. Miranda de Ebro”.
Seleccións Infantís: Domingo 30, traballo en Compostela
En categoría Infantil, ambas as Seleccións están citadas este domingo, 30 de marzo, no Pavillón Lorenzo Latorre (Santiago de Compostela) para acometer un completo plan de adestramento.
Os seleccionadores, Armando Otero e Miguel Ángel Hoyo, en categoría feminina e masculina, respectivamente, afrontan con esta convocatoria o programa final de concentracións. Lembremos que o Campionato de España nesta categoría terá lugar en Zaragoza entre o 16 e o 19 de abril.
Galicia Infantil Feminina – Campionato de España 2014
Galicia Minibasket Masculina – Campionato de España 2014
Galicia Minibasket Feminina – Campionato de España 2014
Galicia Infantil Masculina – Campionato de España 2014
Calendario Torneo.Miranda de Ebro.