Definidas as Seleccións Galegas de Minibasket 2015

Perfiladas as Seleccións de Minibasket que representarán a Galicia no XXVIII Campionato de España que terá lugar entre os próximos 28 de marzo e 01 de abril.

A cita nacional, que repite en San Fernando (Cádiz) como sede, acollerá aos dous combinados galegos que hoxe facemos oficiais para competir nos grupos Especial C e Preferente C, en feminino e masculino, respectivamente. En ambos casos, a lista de xogadores e xogadoras pode consultarse nos documentos e ligazóns que achegamos.

Selección Galega Minibasket Feminina 2015

Selección Galega Minibasket Masculina 2015 

Co calendario, rivais e datas de xogo xa coñecidas, os nosos dous equipos, comandados por Diana Piñeiro en feminino e Alberto Pérez, en masculino; agardan a base de máis preparación o seu debut en terras andaluzas.

Así, e como xa indicamos en anteriores datas, esta mesma fin de semana (14 e 15 de marzo) viaxan a Miranda do Ebro para participar no Torneo de Minibasket organizado pola Federación de Castilla León. Xunto a elas, compartindo esta interesante previa ao Campionato de España, estarán Madrid, Pais Vasco e a propia Comunidade anfitroa. A este anticipo competitivo permaneceremos ben atentos a través da conta de twitter @FGB_Baloncesto.

Selección Galega Minibasket Masculina 2015
Selección Galega Minibasket Feminina 2015
XXVIII Campionato de España de Seleccións Autonómicas Minibasket

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram