Os combinados autonómicos de categoría cadete atópanse inmersos no seu derradeiro mes de traballo antes da gran cita do Campionato de España (do 2 ao 6 de xaneiro en Valladolid).
As preseleccións que dirixen José Jesús Vázquez, en feminino; e César Iglesias, en masculino, contan na súa programación de decembro con tres datas claves, as cales comezan esta mesma fin de semana festiva, incluíndo adestramento para os xogadores e viaxe a País Vasco para as xogadoras.
Preselección Cadete Feminina
As galegas convocadas por José Jesús Vázquez e o seu cadro técnico disputarán os días 7 e 8 de decembro o “Torneo de Seleccións Cadete Feminino”, a celebrar na localidade vasca de Getxo.
O equipo galego desprazarase ata o País Vasco durante a xornada do sábado 6, chegando a tempo de encarar esta cita amigable con garantías. Os seus rivais serán as preseleccións de Castela León, Madrid e a propia Euskadi.
O calendario desta cita remítese no documento que achegamos xunto coa lista de cadetes que representarán a Galicia nesta competición.
Preselección Cadete Masculina
Os xogadores citados por César Iglesias afrontan esta tripla data de adestramentos máis preto da casa. En Compostela, e alternando os Pavillóns de Lorenzo de La Torre e Rosalía de Castro, exercitaranse en sesións de mañá e tarde os días 6, 7 e 8.
O punto competitivo desta concentración virá da man dun encontro amigable que disputarán ante o equipo local júnior de Rosalía de Castro (08/12/14. 17:00 h. Pavillón Rosalía de Castro).
A identidade dos 14 xogadores convocados polos responsables técnicos da selección detállanse na lista oficial.
Preselección Galega Cadete Feminina: 6,7,8/12/14
“Torneo de Seleccións Cadete Feminino – Getxo: Calendario
Preselección Galega Cadete Masculina: 6,7,8/12/14