Decembro, data para a iniciación de adestradores na Delegación de A Coruña

A Zonal FGB en A Coruña vén de establecer convocatoria para un novo curso de iniciación orientado a adestradores. A Delegación impartirá esta formación, completando as correspondentes 32 horas lectivas, ao longo dos vindeiros días 19 (en quenda de tarde), 20, 21 e 22 de decembro (en horario de maña e tarde).

Coa estrutura habitual establecida para a formación en iniciación, cuxos principais requisitos poden consultarse na documento oficial que achegamos, a área técnica zonal abre tamén a posibilidade de recibir solicitudes de inscrición.

Todos aqueles interesados en dar o seu primeiro paso neste campo didáctico poden facer chegar o seu formulario de inscrición, ou as súas dúbidas previas sobre a convocatoria, a través do enderezo de contacto delegacioncoruna@fegaba.com

A sede concreta de celebración do curso, así como o profesorado encargado de cada materia serán comunicados a medida que se achegue a data de inicio da actividade.

Normativa Iniciación 2014 – 2015
Formulario de inscrición – Cursos de Iniciación

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram