As Preseleccións Galegas estrean o mes de novembro intensificando a súa preparación. Desta volta son os catro combinados, na súa totalidade, os que afrontan convocatoria de traballo, en dobre ou triple xornada, segundo a categoría.
Tui e Lugo, vellas coñecidas da nosas preseleccións e sempre acolledoras, serán a sede nesta ocasión, desprazándose ata a vila pontevedresa as xogadoras infantís e cadetes, e ata a cidade da muralla os preseleccionados masculinos.
A distribución concreta para todos eles é a seguinte:
Preselección Galega Infantil Masculina
1 e 2 de novembro de 2012. (Lugo. Anexo ao Pazo dos Deportes)
Preselección Galega Cadete Masculina
1 e 2 de novembro. (Lugo. Anexo ao Pazo dos Deportes)
Preselección Galega Infantil feminina
1, 2 e 3 de novembro. (Tui. Polideportivo Municipal Tui)
Preselección Galega Cadete feminina
1, 2 e 3 de novembro. (Tui. Polideportivo Municipal Tui)
As preseleccións traballarán cunha marxe de entre 12 e 14 xogadores e xogadoras, cuxos nomes e clubs de procedencia poden consultarse nos documentos que se achegan.
Preselección Galega Infantil Feminina: 1,2 e 3 de novembro.
Preselección Galega Infantil Masculina: 1 e 2 de novembro.
Preselección Galega Cadete Feminina: 1,2 e 3 de novembro.
Preselección Galega Cadete Masculina: 1,2 de novembro.