A Área de Árbitros da Federación Española de Baloncesto designa ao colexiado galego Dani Pazos (Grupo FEB 1 e adscrito á categoría LEB – Adecco dende o ano 2008) dentro do trío arbitral encargado de dirixir a final da “XXII Copa Príncipe – Adecco Ouro”, encontro que protagonizarán River Andorra MoraBanc e Queixos Cerrato Palencia (venres 31 de xaneiro, ás 21.00 h, no Poliesportiu D´Andorra)
Pazos participará desta final xunto aos seus dous compañeiros Germán Morales (Andalucía) e Jorge González Zumajo (Madrid). Así mesmo, o Comisario Oficial FEB para este encontro será un colaborador habitual do CGAB, Vicente Sanchís, técnico FEB.