Cursos de Nivel I e Nivel II: horarios oficiais

A Área de Adestradores da FGB completa a información relativa aos seus cursos de Nivel I e Nivel II, proceso formativo que se porá en marcha, na súa fase presencial, o vindeiro luns, 25 de xuño en Santiago de Compostela (Instalacións Colexio Cluny).

Serán as clases de Nivel II as que encabecen este bloque de ambos os cursos, iniciando as súas aulas a primeira hora do luns, da man de Carlos Colinas e coa dirección de equipo como materia. Unha vintena de inscritos configuran a estrutura principal de este curso de segundo nivel que se estenderá, sen pausa e de xeito consecutivo, ata o primeiro domingo de xullo.

Pola súa banda, os alumnos de nivel 1, un total de 50, están convocados para o mércores, 27 de xuño, data na que participar das súas primeiras clases e coñecer in situ a dinámica, novidosa para eles, deste formato por concentración.

Todos os interesados poden consultar xunto a esta nova os horarios concretos de cada nivel, así como os profesores que impartirán cada materia.

Curso Adestradores Nivel 1: horarios e profesores.
Curso Adestradores Nivel 2: horarios e profesores.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram