A Área de Adestradores da FGB comunica de xeito oficial no día de hoxe as listas de alumnos admitidos para formar parte dos Cursos de Nivel I e Nivel II desta temporada 2011 – 2012.
Unha cifra récord de 50 inscritos para o Nivel I e un total de 20 para o Nivel II configuran este ano o bloque de adestradores que avanzarán un paso máis na súa formación.E comezarán a facelo a partir deste mesmo mes de maio, coa fase non presencial.
Posteriormente, e tras unha etapa na que se consolidarán os alicerces das materias e do profesorado, os alumnos afrontarán en Santiago de Compostela (instalacións do Colexio Cluny) a quenda presencial: entre o 25 de xuño e o 1 de xullo para o nivel II e entre o 27 de xuño e o 1 de xullo no caso do primeiro nivel.
A dirección de ambos os cursos trasladar toda a información relativa aos mesmos (horarios, cadro de profesores, etc) conforme avancen as datas. A comunicación entre alumnos, director do curso e profesores será fluída. De feito, mantéñense activos os enderezos adestradores@fegaba.com e dircursos@fegaba.com para posibles cuestións ou dúbidas.
Nivel I: alumnos admitidos 2011 – 2012.
Nivel II: alumnos admitidos 2011 – 2012.