Cursos de Nivel 1 e Nivel 2: aberta a convocatoria

A Federación Galega de Baloncesto abre este mércores, 17 de abril; o prazo de inscrición para os seus cursos de adestradores de Nivel 1 e Nivel 2.

Como cada temporada, na recta final da mesma, establécense de xeito oficial as convocatorias que atinxen a estes dous niveis formativos, os cales, nesta ocasión, dividen a súa estrutura do seguinte xeito:

Fase non Presencial: do 3 ao 30 de xuño de 2013 para ambos niveis.

Fase Presencial: do 6 ao 10 de xullo para o Nivel 1. Do 6 ao 12 de xullo para o Nivel 2.

Documentación e Información
Nos documentos que se achegan atópanse todos os requisitos e esixencias a ter en conta á hora de decidirse e tramitar a inscrición nos Cursos. É importante a consulta dos mesmos para non perder detalle das características que configuran esta etapa formativa.

Así mesmo, xunto a eles, están xa dispoñibles os formularios de inscrición e a oferta de BOLSAS DE AXUDA ECONÓMICA para cada nivel. En ambos os casos, a data tope para solicitar a preinscrición remata o vindeiro 31 de maio e, para facilitar o acceso a este proceso, toda a documentación precisa permanecerá aloxada no apartado FORMACIÓN desta web.

Nivel 1: Convocatoria.
Nivel 2: Convocatoria.
Nivel 1: Formulario de Inscrición.
Nivel 2: Formulario de Inscrición.
Nivel 1 e Nivel 2: Bolsas de Axuda.
Nivel 1 e Nivel 2: Formulario Solicitude Bolsas de Axuda.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram