A Área deportiva FGB mantén abertas dúas convocatorias para a formación en iniciación para adestradores con sede nas zonais de Vigo e Santiago.
Fase Presencial
A primeira etapa dos Cursos levarase a cabo de xeito presencial, estando marcado o calendario en cada convocatoria para celebrarse nas seguintes datas:
Delegación Vigo – Localidade: Vigo – 27, 28 e 29 de maio.
Delegación Santiago. Localidade: Noia – 10, 11 e 12 de xuño.
Fase Online
Unha vez completada a formación presencial en cada caso, abrirase unha etapa de aulas virtuais que se estenderá ao longo de dúas semanas e que se materializará través do Campus Online da propia FGB.
Ambos os dous períodos encádranse no marco normativo da formación para adestradores FGB 2021 – 2022, o cal pode consultarse no documento oficial correspondente.
Preinscrición
As persoas interesadas en solicitar a súa preinscrición nalgunha das catro convocatoria deben seguir este proceso.
Cumprimentar e enviar o FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN
Unha vez tramitado o paso anterior, deben enviar vía mail a adestradores@fegaba.com a seguinte documentación:
- Xustificante de pago da cota de inscrición do Curso (200 euros a ingresar en Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406. Esta taxa inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico).
- Unha Foto carné e unha Fotocopia do DNI (unicamente se non se ten licencia en vigor na FGB).
A data límite para tramitar a preinscrición queda marcada en cada caso:
Vigo: 24 de maio.
Santiago: 7 de xuño.