Cursos de Iniciación na Delegación de Arousa: profesorado e materias

A Área Deportiva FGB mantén aberto ata o vindeiro luns, 29 de setembro; a posibilidade de inscribirse no seu primeiro curso da temporada para a formación de adestradores no seu nivel iniciación.

Coa localidade de Vilagarcía de Arousa (Pavillón de FEXDEGA) establecida como sede para o mesmo, a dirección técnica da FGB ofrece a posibilidade de tomar parte dun curso no que os días 4 e 5 e 11 e 12 do próximo mes de outubro impartirán clase un grupo de adestradores galegos con ampla experiencia no ámbito didáctico e, por suposto, nas pistas.

Destacando a presenza de catro integrantes do “Claustro Docente FGB” como son César Iglesias, Yago Casal (Xuventude Baloncesto. Adecco Prata), Rubén Domínguez (A.D. Cortegada. Liga Feminina 2) e o propio Responsable Deportivo FGB, Carlos Colinas (Real Club Celta. Liga Feminina 2); o cadro de profesores desta convocatoria lectiva reunirá en Arousa a un total de 11 profesionais que trasladarán aos alumnos os coñecementos precisos para superar con éxito o primeiro estadio da súa formación.

Agradecendo, de xeito previo, a presenza e compromiso de todos eles para coa formación dos técnicos galegos, remitimos a lista completa de materias e mestres encargados de darlle forma.

Inscrición
Lembramos que aquelas persoas interesadas en tramitar a súa inscrición poden facelo dende ata o vindeiro luns, 29 de setembro; entregando na propia Delegación Zonal (vía mail ou en persoa) o formulario de inscrición oficial (previo pago da cota de acceso: 200 euros).

Bolsas de Axuda á inscrición. Normativa.
Formación en Iniciación. Inscrición.
Delegación en ARousa. Profesorado.
Bolsas de Axuda á inscrición. Formulario solicitude.
Formación en Iniciación. Normativa.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram