A Escola Galega de Adestradores da FGB emprende esta mesma semana unha das súas etapas formativas máis intensas, paso previo a posta en marcha, a finais do mes de xuño, dos Cursos de Nivel 1 e Nivel 2.
Estamos a falar do comezo de catro novos cursos de iniciación que atinxen a área de influenza de cinco das sete delegacións da FGB: Arousa, Lugo, Ourense, A Coruña e Ferrol, estas dúas últimas realizando a actividade de xeito conxunto.
A continuación, remitimos os horarios dos diferentes Cursos, todos eles cunha carga lectiva de 32 horas, e nos que é imprescindible a asistencia.
Curso de Iniciación – Delegación en Arousa: 17,18, 19 e 20 de maio.
Curso de Iniciación – Delegación en Ourense: 17,19,20 e 27 de maio.
Curso de Iniciación – Delegación A Coruña/Ferrol: 19, 20, 26 e 27 de maio.
Curso de Iniciación – Delegación Lugo: 17, 18, 19 e 20 de maio.