Os cursos de iniciación á arbitraxe do Comité Galego de Árbitros, cos que poderás familiarizarte con materias básicas como Regras de xogo, Anotador e Acta, Cronómetro e 24 segundos, Psicoloxía e coñecemento do xogo ou Iniciación á mecánica arbitral, entre outras; teñen xa actualizado o seu Calendario para o mes de abril. Toma nota!!
Modalidade ONLINE (previa inscrición con cota económica)
Convocatoria: 08/04/19 a 12/04/19 (realizarase a través da Plataforma de Formación Online FGB)
(máis información: cursos.online@fegaba.com)
Inscrición
1. Pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 20 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (“Caixabank”).
2. Envío de xustificante de pago a cursos.online@fegaba.com especificando datos persoais do alumno.
3. Tramitar rexistro de alta na “Plataforma online FGB” e, posteriormente, unha vez validada esta; solicitar a subscrición no curso correspondente.
Non o dubides e infórmate desta convocatoria!!