Cursos de Adestradores Nivel I e Nivel II: horarios e profesorado

A Área de Adestradores da Federación Galega de Baloncesto conta xa os días para dar comezo oficial a unha nova edición, na súa fase presencial, dos cursos de Nivel I e Nivel II, a celebrar por sistema de concentración nas Instalacións do Colexio Manuel Peleteiro, en Santiago de Compostela.

Dende o vindeiro 6 de xullo emprenderase unha nova etapa para un total de 84 alumnos (57 en nivel I e 27 en nivel II) que darán un paso máis na súa formación. Estendendo as aulas ata o 10 de xullo no caso do primeiro nivel, e ata o 12 de xullo para o segundo, os participantes afrontarán un completo e estruturado programa de sesión teóricas e prácticas que hoxe, xunto ao profesorado que as guiará, se dan a coñecer.

Horarios Nivel 1
Horarios Nivel 2

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram