Cursos de Adestradores Nivel I e Nivel II: alumnos admitidos

A Área de Adestradores da Federación Galega de Baloncesto comunica de xeito oficial as listas de alumnos admitidos para formar parte dos seus Cursos de Nivel I e Nivel II da actual tempada 2012 – 2013.

Unha cifra elevada de 59 inscritos para o Nivel I e un total de 25 en Nivel II conforman o cadro vixente de adestradores que este vindeiro mes de xullo darán un paso máis na súa carreira formativa.

Todos eles afrontarán dúas fases diferenciadas: non presencial e presencial. A primeira delas, entre o 3 e o 30 de xuño para ambos niveis; e a segunda do 6 ao 10 de xullo para o Nivel 1 e do 6 ao 12 de xullo para o Nivel 2. Esta última fase reunirá ao total dos alumnos nas instalacións do compostelán Colexio Manuel Peleteiro, onde se levarán a cabo as aulas, tanto teóricas como prácticas.

A dirección de ambos cursos trasladará aos implicados toda a información relativa aos mesmos (horarios, cadro de profesores, etc) conforme avancen as datas. Igualmente, mantense activa a dirección adestradores@fegaba.com para xestionar posibles cuestións ou dúbidas.

Nivel II: alumnos admitidos.
Nivel I: alumnos admitidos.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram