Cursos de Adestradores: Calidade e Compromiso, sinais de identidade do Profesorado FGB

Catro días restan tan só para o inicio de una nova e ilusionante Fase presencial dos Cursos de Adestradores FGB nos seus Niveis 1 e 2. A convocatoria, que comeza este sábado, 5 de xullo; en Santiago de Compostela, presenta uns detalles estruturais que fan prever unha boa colleita formativa.

54 alumnos no Nivel 1 e un total de 35 para o Nivel 2 concentraranse nas instalacións do Colexio Manuel Peleteiro para ser parte dunha experiencia didáctica liderada por un cadro de profesores de indiscutible nivel e referencia no baloncesto actual.

Entre o 5 e o 9 de xullo no caso do Nivel 1, e do mesmo día 5 ata o día 11 de xullo no Nivel 2; os técnicos inscritos formarán parte dun equipo de aprendizaxe dirixido por 22 profesionais que atesouran todo o preciso para poder ofrecer unha formación de auténtica calidade.

Baixo a dirección do Responsable Deportivo FGB, Carlos Colinas; e tamén coa colaboración directa do Director Técnico CGAB, Miguel Ángel Pérez; 22 recoñecidos adestradores galegos achegarán a súa capacidade e máxima implicación para que os cursos repitan o éxito e os índices de satisfaccións de anteriores edicións.

A lista de integrantes do profesorado, de latente valor deportivo, pode consultarse xa de xeito completo. Xunto á mesma remitimos as materias das que se fará cargo cada un deles, así como os horarios concretos de ambos os cursos.

Nivel 2: Profesorado e Materias.
Nivel 1: Horarios.
Nivel 2: Horarios.
Nivel 1: Profesorado e Materias.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram