Cuberta con Satisfacción a “I Xuntanza de Seleccións Zonais Minibasket”

160 nenos e nenas de toda Galicia contribuíron este sábado en Santiago á celebración da “Xuntanza de Seleccións Zonais de Minibaket”, xornada clave establecida pola FGB para comprobar as evolucións competitivas e técnicas dos xogadores e xogadoras en idade Mini que veñen participando nos distintos Centros de Tecnificacións Zonais 2013 – 2014.

Baixo o formato de “competición amigable”, un total de 16 combinados zonais, con 10 xogadores por equipo, enfrontáronse entre si e trasladaron as súas habilidades deportivas ás tres pistas de xogo habilitadas para a ocasión no Pavillón do Restollal.

As sete delegacións zonais FGB (Coruña, Lugo, Vigo, Ferrol, Santiago, Arousa e Ourense) e as divisións locais de A Mariña (masculino) e Arousa Norte (feminino) estiveron representadas nesta Xuntanza, na que participaron tamén os Seleccionadores Galegos en categoría Minibasket, Fernando Buendía (masculina) e Nacho Silva (feminina) observadores atentos das calidades deportivas dos xogadores convocados.

A valoración deportiva dos técnicos, a aprendizaxe por parte dos máis novos e o sempre necesario punto de convivencia e diversión, conformaron a primeira edición desta Xuntanza, cuxos participantes poden ollarse na súa GALERÍA DE IMAXES correspondente.

Colaboracións
A Área Deportiva da FGB desexa agradecer a colaboración dos clubs, dos adestradores convidados e dos colexiados Sub 23 representantes do CGAB responsables, en grande medida, de que esta Xornada resultase un éxito deportivo.

Así mesmo, agradecer a colaboración do Concello de Santiago pola cesión das instalacións do Pavillón do Restollal, perfectas para levar a cabo un evento destas características.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram