Cuartos de Final no #FEBCadeteF2024: O Barça CBS faise co derbi catalán

RESULTADOS e ESTADÍSTICAS

Todos os partidos en directo vía CANAL FEB

GALERÍA DE IMAXES

(Info FEB) Xornada de cuartos de final a do xoves en Santiago de Compostela con vitorias de Unicaja Andalucía, Barça CBS, SPAR Gran Canaria Maspalomas e Casademont Zaragoza. Catro equipos e catro estilos diferentes en busca dun posto no podio.

UNICAJA ANDALUCÍA vs JOVENTUT BADALONA 62-45 | MVP: María Peña: 20 val
O Unicaja Andalucía segue o seu camiño inmaculado en Santiago de Compostela e xa eliminou a dous clubs de prestixio como o Valencia Basket e o Joventut de Badalona. E é que as andaluzas teñen un persoal longo, coa posibilidade de rotación de minutos. Nadia Merino (14 puntos) e Chelsea Dike (10) foron as mellores anotadoras.

SERTRANS F SANT ADRIÀ vs BARÇA CBS 35-51 | MVP: Jana Fernández: 15 val
O derbi catalán foi un partido moi equilibrado e onde destacaron máis as defensas. As blaugranas conseguiron unha boa vantaxe no primeiro cuarto e puideron aguantar a resistencia das ‘lilas’. Aina Hinojosa, con 10 puntos, foi a máxima anotadora.

SPAR G. CANARIA MASPALOMAS vs MOVISTAR ESTUDANTES 78-57 | MVP: Fatou Thiao: 25 val
Dous dos grandes equipos do torneo víanse as caras en cuartos de final. As canarias son o equipo máis físico do campionato e o colexiais un dos que máis talento teñen. O partido non rompeu ata o último cuarto, cando Thiao, Toure e Ezenatogu, as torres do SPAR Gran Canaria, fixeron valer o seu dominio.

REAL CANOE vs CASADEMONT ZARAGOZA 47-64 | MVP: María Serrano: 20 val
Pechaba o día o duelo entre as madrileñas e un Casademont Zaragoza que parece ir a máis durante o torneo. O Real Canoe aguantou ata o descanso grazas, en parte, ao traballo de María Serrano na pintura (ata 20 rebotes). Pero as aragonesas teñen moitas armas e neste caso destacou Amanda Lindo, que con 14 puntos foi a máxima anotadora do encontro.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram