Cristian Martín, no equipo arbitral da Supercopa LF Endesa 2023

O primeiro título oficial da tempada 2023/24 disputarase en Gran Canaria a finais do próximo mes de setembro e contará coa presenza de sete árbitros e dous comisarios que velarán polo correcto desenvolvemento dos seus tres encontros desde a pista. E formado parte deste equipo estará o galego Cristian Martín.


A Supercopa LF Endesa 2023, que se xogará a finais do próximo mes de setembro en Gran Canaria, conta xa con equipo arbitral para a disputa do que será o primeiro triplo oficial da tempada 2023/24 nas Competicións FEB.

Un grupo composto por 7 árbitros do Grupo 1, entre os que se atopa o colexiado CGAB, Cristian Martín; e dous comisarios; será os encargado de dirixir os tres encontros en xogo cunhas designacións que se coñecerán nas horas previas ao comezo tanto das semifinais do sábado como da final do domingo

Os nosos parabéns a Cristian por esta boa nova!

XXI SUPERCOPA LF ENDESA – GRAN CANARIA 2023
Pavillón: Gran Canaria Arena (Las Palmas de Gran Canaria)
Data: Do 30 de setembro ao 1 de outubro de 2023
TV: Teledeporte

Equipo Arbitral:

Cristina Adán Rodríguez (Comunidade de Madrid)
Andrea Afasto Sánchez (Estremadura)
Carlos Javier García León (Castilla La Mancha)
Cristian Martín Vázquez (Galicia)
Víctor Máis Cagide (Cataluña)
Germán Morais Ruiz (Andalucía)
Francisco José Zafra Guerra (Comunidade Valenciana)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram