Crece a carga de traballo para o Comité Galego de Árbitros

Á volta á actividade tras o parón festivo do Nadal preséntase cargada de eventos na axenda do Comité Galego de Árbitros. As divisións zonais deste organismo afrontan esta presente semana un calendario de actividades e sesións técnicas pensadas como reforzo do Clínic Autonómico FGB, celebrado o pasado 28 de decembro.

Viaxando por Arousa, Vigo, A Coruña e Santiago, os colexiados e oficiais de mesa galegos serán obxecto do seguinte reparto de traballo:

Clínics Comités Zonais

15/01/15 – Delegación Arousa (Pavillón Fexdega)
16/01/15 – Delegación Vigo (Colexio San Miguel 2, 20:00 h)
Actividades teóricas, proxeccións e análise de vídeos e mesmo probas físicas cubrirán as dúas quendas das que serán protagonistas os colexiados e oficiais destes ámbitos xeográficos.

Adestramentos en Pista

14/01/15 – Delegación Zonal A Coruña
Traballo na pista da Polideportiva de Riazor 1 (20:30 h) baixo a tutela do colexiado ACB Jacobo Rial e coa “concentración en relación ao campo visual” como eixo temático.

14/01/15 – Delegación Zonal Santiago
O Director Técnico do Comité Galego, Miguel Ángel Pérez; compartirá sesión técnica no Pavillón de Vite (20:30 h) cos colexiados zonais.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram