Copa Galicia Sénior Masculina: as Semifinais abren o xogo

Chega unha nova Copa Galicia Masculina. Sumando XXXVI edicións, a Copa chega a Ourense baixo a organización de Bosco Salesianos, Concello de Ourense e Deputación de Ourense. 

A deste 2022 será un Copa Galicia moi especial. A mesma realízase como Homenaxe a Vicente “Nino” Santos, figura emblemática e moi querida do baloncesto ourensán, recentemente falecido. Este recoñecemento materializarase no marco da Final, marcada para ás 19:00 h do sábado, 17.

As Semifinais deste xoves, que enfrontarán no Pazo dos Deportes “Paco Paz” a Monbus Obradoiro e Leyma Coruña (18:30 h), e a Río Breogán e Club Ourensen Baloncesto nun novo “Derbi do Miño”, poderanse seguir en directo vía FEGABA TV

E para todas aquelas persoas que desexen vivilas en directo, a venda de entradas continúa activa AQUÍ. Parte da recadación da taquilla destinarase á Asociación Española contra o Cancro – Ourense.

XXXVI Copa Galicia Masculina – Ourense 

Pazo dos Deportes “Paco Paz” – 15/09/22

Semifinal 1 – (18:30 h)

Monbus Obradoiro – Leyma Coruña (99 – 78)

Árbitros: Carlos Cortés, Vicente Bultó e Sánchez Benito. 

Semifinal 2 – (20:30 h)

Río Breogán – Club Ourense Baloncesto (97 – 59)

Árbitros: Miguel Ángel Pérez Pérez, Jorge Martínez e Esperanza Mendoza. 

Estatística – Final: Rio Breogan – Club Ourense Baloncesto
Estatística 1Q: Rio Breogan – Club Ourense Baloncesto
Estatística 2Q: Rio Breogan – Club Ourense Baloncesto
Estatística 1Q: Monbus Obradoiro – Leyma Coruña (99-78)
Estatística 3Q: Rio Breogan – Club Ourense Baloncesto

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram