Última categoría en xogo para a Copa Galicia. O Minibasket pecha por completo esta fin de semana o palmarés 2015 – 2016 da Copa Galicia. Segue os seu partidos en directo AQUÍ.
Catro equipos masculinos e catro femininos, clasificados para a ocasión tras a fase previa, reúnense este sábado, 31 de outubro, en Compostela (Pavillón do Restollal) para decidir quen levantará a Copa Galicia en cada categoría.
Copa Galicia Minibasket Feminina: Peleteiro, Seis do Nadal, La Academia Celta E Pio XII Fedesa.
Copa Galicia Minibasket Masculina: Pio XII Rosalía, Giraldo CB Royal, Estudiantes Lugo Leyma Natura e CB Tui Teagsa.
Esta Fase Final da Copa Galicia Minibasket desputarase ao mesmo tempo, tanto en feminino como en masculino, ofrecendo o mellor do noso baloncesto base en dúas pistas habilitadas, así como a través das cámaras de FEGABA TV, que se encargarán de retransmitir unha semifinal de cada categoría e ambas as finais.
O programa horario de toda a Fase ao completo e das retrasnmisións da mesma pode consultarse xa no documento que achegamos.