Copa Galicia Masculina: Rio Breogán asina en Ourense unha nova Copa

A Copa Galicia Homenaxe a Vicente “Nino” Santos, estará xa sempre no noso recordo. A cita copeira celebrou na noite do sábado unha Final que, axustada en xogo e vibrante na grada, sumou un trunfo máis aos 13 trofeos cos que xa contaba o CB Breogán. 

Na previa deste encontro, a Federación Galega de Baloncesto e Bosco Salesianos, coa colaboración de Concello de Ourense e Deputación de Ourense, realizaron un pequeno e simbólico recoñecemento á figura de Vicente “Nino” Santos. Rodeada polo aplauso dun Pazo que rexistrou un gran ambiente de baloncesto, a súa muller recolleu unha placa de mans do Presidente da Xunta Xestora FGB, Paco Martín; e do Presidente de Bosco Salesianos, Lupicinio Peña. Este será xa un intre que todos, de seguro, gardaremos na memoria.

vicente nino 2

Final XXXVI Copa Galicia Masculina – Ourense 

Pazo dos Deportes “Paco Paz” – 17/09/22

(19:00 h) Monbus Obradoiro e- Río Breogán (79 – 82)

Árbitros: Miguel Ángel Pérez Pérez, Carlos Cortés, Vicente Bultó. 

Estatística: Monbus Obradoiro e- Río Breogán (79 – 82)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram