Copa Galicia Infantil: Fases Finais en xogo esta fin de semana

Chega a quenda da Fase Final para a Copa Galicia Infantil. Esta mesma fin de semana, sábado 18 e domingo 19 de outubro; as localidades de Ourense e Vigo, en categoría masculina e feminina, respectivamente; vivirán esta cita.

Fase Final Infantil Masculina

Bosco Salesianos “2001”, Estudiantes Lugo Leyma Natura, Sologas B.S. e Sigaltec protagonizan as semifinais en categorías masculina. Os seus encontros disputaranse ao longo da xornada do sábado no Pavillón de Salesianos, exercendo o propio A.D. Bosco como anfitrión e organizador da fase.

unnamed 2

Bosco Salesianos presentou a Fase Final en rolda de prensa. Respaldando o evento compareceron o Xefe de Servicio Provincial da Xunta de Galicia en Ourense, Mario Guede; o Director do Colexio Salesianos, Lupicinio Peña; e o Coordinador de A.D. Bosco Salesianos, “Sony” Vázquez. Xunto a eles estivo tamén a representante da Delegación FGB en Ourense, María Varela. 

Fase Final Infantil Feminina

O Pavillón de Navia (Vigo) será sede o domingo 19 da rolda decisiva da Copa Galicia Infantil en categoría Feminina. Con C.D. Bosco como encargado da xestión da competición, decidirase o campión deste 2014 entre R.C. Celta Selmark, Maristas Coruña, Ensino e Arxil Grupo Mas Costas.

cartel copa galicia imprenta 1

Os catro equipos participarán ademais, a iniciativa do propio club organizador, dunha xornada na que o deporte, e neste caso o baloncesto, achegará de novo o seu apoio a unha causa especial: o día internacional contra o cancro de mama, que se celebra nesa mesma data.

A continuación remitimos o calendario e designacións arbitrais correspondentes a cada Fase Final, remarcando que ambas se disputan baixo o formato de semifinais, 3º e 4º posto e final.

Fase Final Copa Galicia Infantil: Calendario
Fase Final Copa Galicia Infantil: Designacions

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram