Copa Galicia EBA: calendario

A Fase Final da Copa Galicia de categoría EBA celebrarase a fin de semana do 20 e 21 de outubro, previa disputa dunha liguiña a unha volta por grupos, norte e sur.

Unha temporada máis os equipos galegos que participan en liga EBA, oito nesta 2012 – 2013, poderán verse as caras na Copa Galicia da súa categoría, importante cita para medir as súas forzas en plena pretemporada.

A nova edición desta Copa Galicia EBA sitúase no calendario entre o presente mes de setembro e o vindeiro mes de outubro, cubrindo unha importante marxe de datas nas que traballar e comezar a saborear o Baloncesto Galego desta categoría FEB.

Na última fin de semana de setembro (30 de setembro) arrincará a súa fase previa, cunha liga a unha volta protagonizada por dous grupos de equipos, norte e sur, distribuídos por proximidade xeográfica e cun calendario que xa se pode consultar aquí.

Grupo Sur: Marín Peixegalego, Ourense Capital Termal, Chantada Galicia Vento e Establecimientos Otero.

Grupo Norte: Recinor Ferrol C.B.Galicia, Leyma Natura Básquet Coruña, Baloncesto Narón e Estudiantes de Lugo.

Fase Final
Posteriormente, a rolda definitiva da competición enfrontará en busca do trofeo aos líderes de cada un dos grupos. Esta cita, a marcar xa no calendario, está prevista para a fin de semana do 20 e 21 de outubro. Con data exacta e sede aínda por designar.

Copa Galicia EBA 2012: Calendario.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram