A Copa Galicia xa coñece o cadro completo das súas Fases Finais Sénior, Masculina e Feminina. Pechada na noite do martes, 19 de setembro; a fase previa en ambas as categorías, a identidade dos protagonistas que obteñen a súa clasificación e que darán vida á competición buscando un novo título de Copa recae nas mans dos xa semifinalistas C.B. Breogán (1º clasificado fase previa masculina) e Club Ourense Baloncesto (2º clasificado fase previa masculina); e R.C. Celta (1º clasificado fase previa feminina). Cun posto na final agardan tamén Star Center Universitario Ferrol e Monbus Obradoiro.
Copa Galicia Sénior Masculina 2017 – Resultado e Clasificación Fase Previa
Copa Galicia Sénior Feminina 2017 – Resultado e Clasificación Fase Previa
XXXII Copa Galicia Sénior Masculina – Fase Final
(Marín, 22 e 24/09/17) (Pavillón da Raña)
Semifinal – 22/09/17
(21.00) C.B. Breogán – Club Ourense Baloncesto
Final – 24/09/17
(18.00) Monbus Obradoiro – Vencedor Semifinal
XXXI Copa Galicia Sénior Feminina – Fase Final
(Ferrol, 24/09/17) (Pavillón Esteiro)
Final – 24/09/17
(12.00) Universitario Ferrol – R.C. Celta