As Fases Finais da Copa Galicia Cadete servirán como perfecta plataforma de formación para o Comité Galego de Árbitros.
Os colexiados designados polo CGAB para ambas as citas participarán, á súa vez, dunha completa xornada de formación, guiada en cada caso por responsables técnicos nomeados pola Dirección do Comité.
A análise do seu traballo durante os diferentes encontros, así como actividades formuladas en grupo en torno ás semifinais e finais, articularán a dinámica desta xornada formativa, a segunda destas características dentro da temporada 2012 – 2013.